sábado, 13 de decembro de 2014



A nova literatura das escritoras galegas

Xohana Torres é unha das iniciadoras da literatura galega feminista na segunda metade do S.XX.

A finais deste século as escritoras galegas comezan a reivindicar con forza a existencia das mulleres, é dicir, o seu papel activo na sociedade, a súa liberdade e a súa independencia. As mulleres saen do plano secundario en que se atopaban dentro da sociedade e, por primeira vez, toman a palabra para falar de si mesmas e por si mesmas.

As autoras van mudar a condición do seu colectivo na literatura e farano construíndo unha nova imaxe do suxeito feminino. Até o de agora, a visión da muller que existía na literatura galega era unha imaxe patriarcal, xa que  a perspectiva que abundaba era a dos escritores varóns, que describían ás mulleres desde esta perspectiva.

A nova visión caracterízase pola autodefinición. Isto é, as escritoras defínense a si mesmas. Mais non individualmente, senón desde o conxunto. Unha das reinterpretacións máis importantes será a do corpo feminino, é dicir, as autoras falan do seu propio corpo, que anteriormente fora descrito só por homes.

A forma e o estilo da poesía cambian debido á modernización do xénero. Aparecen novas imaxes poéticas ou reinterpretadas desde o punto de vista feminino.



Ningún comentario:

Publicar un comentario